sábado, 9 de abril de 2016

Biografías

Sabes que a sección de consulta da nosa biblioteca está organizada seguindo a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal). Aquí os libros ordénanse en 10 grupos, numerados do 0 ao 9. Saberías en cal está este título? Por se queres localizalo no catálogo da biblioteca, podes buscalo polo seu número de rexistro. Deste título temos dous exemplares: o 7.216 e o 8.385. A que sección se corresponden?
Podes aproveitar para botarlle unha ollada, e descubrirás datos moi interesantes e divertidos, relatados en primeira persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario